Orquestra Vigo 430, paixón pola música.

Múltiples resonancias

Tempada 2022/23

A Orquestra Vigo 430 presenta a súa nova temporada 2022/23, baixo o nome “Mútiples resonancias”, un título que fai referencia as diferentes influenzas estilísticas e propostas musicais que conforman os oito concertos que van a ter lugar a razón de un por mes entre os próximos meses de Outubro de 2022 a Maio de 2023.

Como é habitual, a orquestra combinará o talento local co foráneo, contando con un grande elenco de solistas como o  Dúo Grimm, a viola gambista Amarilis Dueñas a violinista Maya Levy ou a oboísta galega Iria Folgado, ademáis do multi instrumentistas Sergey Malov e o violinista Jonian Ilias Kadesha , os cales levarán todo o peso dos seus respectivos programas como directores e solistas. A orquestra contará, como é habitual, ca súa actual directora asociada  Isabel Rubio, así como co director Vicent Alberola, cos que abordará o repertorio máis sinfónico, ademáis do estreno da obra do compositor vigués  Juan Eiras “Quaderno di state”.

Poderemos asistir a propostas artísticas tan diferentes como o minimalismo e o cuidado polas sonoridades que os vigueses  Múltiple Ensemble aplican a música de nova creación, como escuitar as bandas sonoras dos máis célebres videoxogos da historia en un concerto diseñado pola especialista Erea Carbajales, para o que se contará coa colaboración do popular gamer e youtuber León Picarón, quen, a modo de solista, xogará unha partida en directo co acompañamento da gran formación sinfónica. Tamén podremos asistir a un vibrante relato e espadas ambientado en pleno siglo XVIII nun concerto no que, ademáis da narración do escritor Miguel Alonso, poderemos asistir a representación dun duelo a cargo dos membros da Sala Viguesa de Esgrima Antiga.

Nos meses de febreiro e marzo podremos asistir a xenialidade da visión musical coa que artistas como Jonian Ilias Kadesha  e  Sergey Malov  abordan a música do período clásico.

Ainda que o título da temporada non fai expresa referencia a esta circunstancia, os concertos que a conforman resonarán asimesmo en múltiples espazos da cidade, como os da Basílica de Santa María de Vigo, «A sede», Auditorio Mar de Vigo, Auditorio Martín Códax e o Auditorio Municipal do concello de Vigo.

As estradas estarán disponibles na plataforma Ticketrona, agás o concerto de decembro no Mar de Vigo que se adquiren a través da plataforma  Teuticket. Reservándose, como sempre as habituais ventaxas para os Amigos, Socios abonados e Socios protectores da Orquestra Vigo 430.

Desexamos que o disfruten!!

Multiples resonancias Outubro 2022 – Maio 2023
Grimm duette Grimm duette (Natalie Kulina & Francisca Portugal, violíns)
Ensemble Vigo 430
Sábado, 29 de Outubro de 2022, ás 21:00h
Concatedral Basílica Santa María de Vigo
Arcos e espadas Amarilis Dueñas: viola da gamba
Miguel Alonso: narrador

Orquestra barroca Vigo 430
Venres, 18 de Novembro de 2022, ás 20:00h
Pazo da Oliva (Vigo)
Música e videoxogos: unha odisea sinfónica Programa de Erea Carbajales e Brais González
Directora: Isabel Rubio
Gamer: León Picarón

Orquestra Sinfónica Vigo 430
Venres, 23 de Decembro de 2022, ás 20:00h
Auditorio Mar de Vigo
Múltiples Resonancias Múltiplensemble & Ensemble Vigo 430

Rafael Yebra, Saxofóns,
Manuel Cebrián, Guitarra eléctrica,
Brenda Vidal. Piano.
David Rodríguez, Percusión.

Colabora: Juanma LoDo (artista visual).
Sábado, 28 de Xaneiro de 2023, ás 20:00h
Auditorio Martín Códax
Jonian Ilias Kadesha Jonian Ilias Kadesha (Violín solista e director)
Orquestra Vigo 430

Cancelado!!!
Sábado, 25 de Febreiro de 2023, ás 20:00h
Auditorio Martín Códax
Sergey Malov Sergey Malov (violín, violoncello da spalla e director)
Orquestra Barroca Vigo 430
Domingo, 5 de Marzo de 2023, ás 19:00h
Auditorio Martín Códax
Maya Levy Maya Levy (violín)
Ensemble Vigo 430
Sábado, 22 de Abril de 2023, ás 20:00h
Auditorio Martín Códax
Iria Folgado e Vicent Alberola Iria Folgado (oboe)
Vicent Alberola (director)
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Venres, 26 de Maio de 2023, ás 20:00h
Auditorio Municipal
Todos os concertos

Ti tamén formas parte da Orquestra Vigo430. Queres saber como podes colaborar?