A Orquestra Vigo 430 foi creada no ano 2005, partindo como una pequena orquestra de cámara coa intención de crear un núcleo de corda de calidade para xa a partir do ano 2008 abordar progresivamente o repertorio sinfónico, pasando entonces a denominarse Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430). A orquestra está formada na súa maioría por músicos profesionais, e complétase con moitos dos máis brillantes expoñentes da canteira musical do noso país, que cursan os seus últimos anos de carreira previos á súa incorporación ao mundo profesional. A orquestra considerou este aspecto como un trazo significativo da evolución e o grao de consolidación da música orquestral profesional da nosa sociedade, por canto demostra que é perfectamente posible conseguir un alto nivel de calidade con profesionais da propia terra, formados no noso sistema; sen desdeñar a posibilidade de contar con músicos foráneos que, con carácter de invitados e pola súa excepcional calidade enriquecen a sua labor formativa, creativa e divulgadora.


No período que vai desde a súa creación ata hoxe en día, a OSV430 foi recoñecida pola prensa e o público polo seu rigor e audacia na interpretación, así como pola súa frescura e vitalidade no escenario, acadando no ano 2014 o Premio “Martín Codax” da música. Os seus programas de concerto reúnen música de diferentes épocas, autores e estilos.


A orquestra tivo como director titular desde os seus inicios ata ao ano 2014 a Alejandro Garrido, cargo que desde ese ano á actualidade ocupa Vicent Alberola. Como solistas invitados a orquestra tivo a figuras tan relevantes como Christophe Coin, Gordan Nicolic, Alexis Cárdenas, Margarita Escarpa, Javier Perianes, David Quiggle, Nicolas Dautricourt, Julia Gallego, Isabel Villanueva ou o “Airas Ensemble”.


No apartado discográfico, a OSV430 ven de rematar a gravación, xunto ao violinísta Nicolas Dautricourt, da integral para Violín e orquestra do compositor finlandés Jean Sibelius, proxecto que verá a luz proximamente.