Inverno – Programa IV

Programa
Proxección da película Las aventuras del príncipe Achmed (1926)
de Lotte Reiniger (1899-1981) con música original de Brais González (1987*)
–
Data: 1 de maio, ás 12.00 h
Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vigo
–
Orquestra Vigo 430
Isabel Rubio, directora
–
Dirección artística: Javier Escobar
Xerencia: María Alonso
Notas ao programa: David Rodríguez Cerdán
RESERVA DE ENTRADAS EN
NOTAS AO PROGRAMA
Presentamos o cuarto programa da Tempada 2022 da Orquestra Vigo 430. Un programa protagonizado polo cine e a música do compositor vigués Brais González.
«As aventuras do príncipe Achmed» é a primeira longametraxe de animación que sobrevive, filmada máis dunha década antes do lanzamento de «Brancaneves», de Walt Disney. A alemá Lotte Reiniger creou unha técnica de animación e visual única inspirada no teatro Wayang indonesio e varios teatros de sombras indochinos. O resultado é unha fermosa película de aventuras baseada en diferentes historias de “As mil e unha noites” que conta a historia do fillo herdeiro do Gran Califa que ten que rescatar á súa irmá, secuestrada por un feiticeiro africano.
A banda sonora que propón Brais González está construída sobre a influencia da música de Oriente Medio, dos modos rítmicos da rexión do Corno de África e das melodías do Extremo Oriente, adaptándose ás distintas localizacións nas que se desenvolve a acción da película.
A música estará dirixida pola nosa directora asociada Isabel Rubio. O concerto terá lugar o vindeiro 1 de maio ás 12:00 h. no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
As entradas serán de balde, ainda que é necesario solicitarlas previamente ao correo reservas@vigo430.com