Inverno 2022 – Programa III

Inverno – Programa III

Programa

Franz Liszt (Raiding 1811 – Bayreuth 1886)
“Soirées de Vienne” sobre o vals – caprice no.6 de Franz Schubert

  • Maya Purdue (piano)

Wolfgang Amadeus Mozart K.423 (Salzburgo 1756 – Viena 1791)
Dúo nº1 en sol maior

– Allegro  
– Adagio
– Rondeau

  • Alexandra Tirsu (violin) & Sindy Mohamed (viola)

Gustav MAHLER (Kaliště 1860 – Viena 1911)
Cuarteto con piano en la menor

  • Alexandra Tirsu (violin), Sindy Mohamed (viola), Ariadna Chmelik (violonchelo), Maya Purdue (piano)

Johannes BRAHMS (Hamburgo 1833 – Viena 1897)
Sexteto en sol maior op.36

– Allegro non troppo
– Scherzo – Allegro non troppo – Presto giocoso
– Adagio
– Poco allegro

  • Alexandra Tirsu (violín I), Mario Péris (violín II), Sindy Mohamed (viola I), Ana Martínez (viola II), Ariadna Chmelik (violonchelo I), Isabel Figueroa (violonchelo II)

Data:  26 de marzo, ás 20:00 h
Lugar: Auditorio Martín Códax de Vigo

Dirección artística: Javier Escobar
Xerencia: María Alonso

RESERVA DE ENTRADAS EN

reservas@vigo430.com 

NOTAS AO PROGRAMA

ALEXANDRA TIRSU – violín

A violinista Alexandra Tirsu está a obter gran recoñecemento como unha das principais violinistas da súa xeración. Galardoada e gañadora do premio do público no prestixioso Concurso ARD 2021, así como no Concurso Internacional de Música de Seúl 2018 e no Concurso Internacional de Osaka 2014, as súas actuacións cultivaron eloxios da crítica en todo o mundo en publicacións como Classical Music Magazine e Süddeutsche Zeitung. Entre as súas actuacións máis recentes destacan os seus debuts en Múnich coa Orquestra Sinfónica da Radio de Baviera na Herkulessaal e coa Orquestra de Cámara de Múnich no Prinzregententheater. Alexandra actuou en salas como a Konzerthaus de Viena, a Philharmonie de Berlín, a Elbphilharmonie e a Laeiszhalle de Hamburgo, o Athaneum de Bucarest e a Sala de Concertos de Pequín, o Centro de Artes Orientais de Xangai e o Centro de Artes de Seúl, en festivais como o Crans Montana Classics e o Festival de Música de Sion, entre outros.

Colaborou con artistas como Gidon Kremer, Michael Guttman, Jing Zhao, Dmitri Jurowsky, Ivry Gitlis, Uto Ughi, Semyon Bychkov, Vladimir Landsmann e Svetlana Makarova. Defensora de acercar o violín a un público máis amplo, colabora regularmente co soado dúo de música-comedia Igudesman & Joo. Alexandra completou a súa licenciatura en Viena baixo a tutela de Pavel Vernikov. Actualmente está a cursar os seus estudos de posgrao en Sion baixo a tutela de Janine Jansen. Toca cun violín Francesco Gofriller («Ex Willy Boskovsky»), cedido amablemente pola Goh Family Foundation.

SINDY MOHAMED – viola

Nacida en Marsella en 1992, a violista exipcia Sindy Mohamed recibiu as súas primeiras clases de viola aos 8 anos. Despois de graduarse no Conservatorio de Marsella, Sindy continuou os seus estudos no Conservatorio Nacional Superior de Música de París e na Hochschule für Musik Hanns Eisler, ademáis da prestixiosa Academia Kronberg coa célebre violista Tabea Zimmermann.

Gañadora do premio do Concurso Internacional de Viola Anton Rubinstein 2017 e da Ottilie-Selbach-Redslob-Foundation, Sindy fixo o seu debut en Inglaterra xunto a Lars Vogt e a Royal Northern Sinfonia como parte do Festival New year new artists. Participou no Festival de Aix-en-Provence, actuando xunto a Tabea Zimmermann. Por invitación de Rolando Villazon, Sindy participou no programa Stars von Morgen emitido en el canal Arte TV. Participou no Chamber Music Connects the World da Academia Kronberg actuando con Steven Isserlis, Christian Tetzlaff e Gidon Kremer.

Sindy aparece esta temporada como solista e músico de cámara en grandes festivais de Europa como Moritzburg Festival, Spannungen Heimbach, Schubertiade Hohenems, Kronberg Festival, Festspiele Mecklenburg-Vorpommern, Festival Présences, Festival d’Aix-en-Provence ou Folles Journées de Nantes; colaborando con artistas como Isabelle Faust, Tabea Zimmermann, Lawrence Power, Steven Isserlis, Jan Vogler, Maximillian Hornung, Kian Soltani, Yura Lee, Anais Gaudemard, Joséphine Olech ou Adrien La Marca entre moitos outros. Tamén destacables son as súas actuacións como solista co Ensemble Multilatérale de París, a Orquestra Sinfónica do Cairo e a Orquestra Vigo 430 en España. As xiras de concertos por todo o mundo inclúen recitais debuts no Wigmore Hall, o Carnegie Hall e o Suntory Hall.

Sindy é invitada habitual a numerosas clases maxistrais e festivais internacionais como o Festival Quatuors à Bordeaux, Festival d’Aix-en-Provence, Festival de verán de Salzsburgo, a Academia internacional Seiji Ozawa ou a Academia Europea de Música de Cámara. Alí traballou con Daniel Barenboim, Antoine Tamestit, Roberto Diaz, Morten Carlsen, Nobuko Imai, Jean Sulem, Sadao Harada, Pamela Frank e Tatjana Masurenko.

Xunto aos seus estudos e carreira, Sindy adquiriu unha gran experiencia orquestral, intervindo en postos de liderado de orquestras como a Rundfunk Sinfonie Orchester Berlin, ou a Deutsche Oper e Komische Oper Berlin. Tivo a oportunidade de actuar con directores como Sir Simon Rattle, Marek Janowski, Vladimir Jurovski, Paavo Järvi, Francois Xaver Roth, Seiji Ozawa ou Donald Runnicles. Ademais, é membro da «West-Eastern Divan Orchestra» desde 2013 baixo a dirección do mestre Daniel Barenboim.

Sindy toca unha viola de Jean-Baptiste Vuillaume cedida xenerosamente pola Beares International Violin Society.

MAYA PURDUE – piano

Nada en Tokio, a pianista Maya Purdue deslumbrou ao público en Europa e Asia, e estase a consolidar rapidamente como un novo talento da próxima xeración de pianistas. Despois de actuar en recitais en solitario en moitos lugares de renome en todo Xapón incluíndo; Suny Hall, Tiara Koto Hall, Tokyo Bunka Kaikan, Ishibashi Memorial Ishibashi e Suginami Koukaido Maya instalouse en Salzburgo onde estuda na prestixiosa Universitat Mozarteum coa profesora Cordelia Höfer-Teutsch.

En Austria, Maya tivo oportunidade de tocar na «Wiener Musikverein», tras o cal actuou na Mozarthause Vienna e a Wiener Saal, entre outras. Desde moi nova Maya participou en numerosos concursos nacionais e internacionais. Entre outros recoñecementos, foi galardoada co segundo premio no concurso de piano Higashi-Kantou (categoría superior) e co primeiro premio no «Tiaa’s Rising Star Concert» coa súa actuación no concerto de gala.

Maya comezou os seus estudos musicais a unha idade moi temperá, iniciando Solfexo (Rítmica) con Yuri Sakurada (Escola de Emile Jacques-Dalcroze). Despois, á idade de 3 anos, comezou a tocar o piano baixo a dirección da súa nai. Continuou os seus estudos con Masahito Shimizu. En 2016, comezou a cursar a súa licenciatura en interpretación musical na Universidade de Música Ueno Gakeun de Tokio. Aquí estudou con moitos mestres de clase mundial, incluíndo; Yukio Yokoyama, Katsumi Ueda, Michiko Tanaka e Sahiyo Yonekawa. Estudou ademáis Música de Cámara con Jean-Jacques Balet, e Cembalo con Mayako Sone. En 2018 obtivo o ingreso na Universidade de Artes Escénicas de Graz, onde estudou co profesor Peter Josza.

Maya ofrece regularmente Concertos en Salzburgo, Graz, Múnich e outras cidades de Europa, ademáis de realizar recentemente unha xira por Xapón nas prefecturas de Shiga, Nagoya e Osaka.