Programación Xacobeo 21·22 : Programa II

Programación Xacobeo 21·22
Programa II

Programa

«La oración del torero» op. 34
Joaquín Turina (Sevilla 1882 – Madrid 1949)

Variacións sobre «Rosa de abril» para piano e orquestra de corda
Juan Durán (Vigo 1960)
Estrea na súa versión para orquestra de corda

Serenata para cordas en mi maior. op. 22
Antonín Dvořák (Nelahozeves 1841 – Praga 1904)

  1. Moderato
  2. Tempo di valse
  3. Vivace
  4. Larghetto
  5. Allegro vivace

 

«Danzas rumanas»
Béla Bartók (Nagyszentmiklós 1881 – New York 1945)

  1. Joc cu Bâta
  2. Brâul
  3. Pe Loc
  4. Buciumeana
  5. Poarga Româneasca
  6. Maruntel

Antonio Queija piano 
Isabel Rubio directora
Orquestra Sinfónica Vigo 430

Data:  24 de Setembro, ás 19:00
Lugar: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música, Culleredo

Data: 25 de Setembro, ás 20:00
Lugar: Círculo das Artes, Lugo

Data: 26 de Setembro, ás 20:00
Lugar: Edificio Multiusos, Monforte de Lemos

Director xerente: Javier Escobar
Xestión e administración: María Alonso
Producción: Plácido Martínez

 

PRESENTACIÓN

Desde a Xunta de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do ámbito das súas competencias, vén desenvolvendo diferentes accións dentro dos valores culturais do Camiño de Santiago aproveitando a celebración do Xacobeo 2021-2022. Esta xira Xacobeo da OV430 que percorrerá Galicia nos próximos meses é unha delas.

O apoio á cultura no marco do Xacobeo 2021-2022 materialízase desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da programación de eventos culturais propios, da organización directa de ciclos ou programacións, e tamén a través da colaboración con distintas entidades culturais externas de relevancia, como é o caso da Orquestra Vigo 430.

O presente programa de concerto xira en torno á estrea (na sua versión para orquestra de corda) das «Variacións sobre un tema de Rosa de Abril» do laureado compositor vigués Juan Durán (1960). Xunto a esta obra poderemos disfrutar ademáis de un programa co denominador común dos nacionalismos que tan en boga estaban na Europa de finais do século XIX e principios do XX, con obras características de Chequia (Dvorák), Rumanía (Bartók) e España (Turina).

ISABEL RUBIO – Directora

Actualmente Directora Asociada da Orquestra Vigo 430 e a Joven Orquesta Sinfónica de Granada, Isabel Rubio foi Directora Asistente da Orquestra de Valencia na tempada 2018/19 e asistente de Lucas Macías na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) 2021. Tamén dirixiu a Orquesta Federal de la Comunidad Valenciana, a Joven Orquesta de Castelló, a Orquestra de Cámara Sine Tempore e as Bandas Municipais de Madrid, Bilbao, Alacante, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vitoria. Exerceu como Directora Titular das Bandas de San Pedro del Pinatar e Santomera en Murcia, e a Banda de Lalín en Pontevedra. Foi membro da Brussels Philarmonic  Orchestra, a  Chapelle  Musicale de  Tournai en Bélxica, e da Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia. Foi gañadora do I Concurso de Dirección de Orquestra en Alacante, do I Concurso Internacional de Dirección Ciudad de Villena así como gañadora dos I Encontros sobre Dirección Orquestral en Bilbao. Así mesmo, foi galardoada con Mención de Honra e co Primeiro Premio do VI e X Concurso de Música Entre Cordas e Metais en Cartaxena. No ámbito internacional, foi seleccionada en diversos concursos de dirección en Francia (Besançon), Portugal, Alemaña, Holanda e Italia, onde resultou semifinalista do XI Concurso Internacional Premio “Guido  Cantelli”. Dirixe en festivais de alto prestixio como o Festival Internacional da Semana de Música Relixiosa de Cuenca, os Encontros de Composición da Orquestra de Valencia, o Ourearte Music  Fest en Portugal, o Concurso Internacional de Violín  CullerArts e o Festival Internacional de Música de Cinema de Málaga. Entre os seus próximos compromisos destacan ser convidada á Orquestra Filarmónica de Gran Canaria, a Orquestra de Cambra Illa de Menorca, a Oviedo Filharmonía e á Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia.

ANTONIO QUEIJA – Piano

Nacido na Habana estudou na Escola Nacional de Música de Cuba e é Licenciado no Instituto Superior de Arte da Habana, onde estudou con Miriam Concepción, Hilda  Meris e  Cecilio  Tieles. Obtivo o Primeiro Premio nos Concursos Nacionais «Alejandro García Caturla», «Amadeo Roldán», da E. N.A., do Instituto Superior de Arte, o Premio da UNEAC e o 31 Premio no V Concurso Latinoamericano de Piano «Teresa Carreño». Actuou como solista coa práctica totalidade das orquestras cubanas, incluíndo a Orquestra Sinfónica Nacional, do mesmo xeito que con orquestras sinfónicas de Bélxica, China, Corea, España e Venezuela. Artista do selo fonográfico » Siboney», gravou ademais para a Radiotelevisión cubana, RNE e RTVG. Profesor de piano en excedencia da Escola Nacional de Música de Cuba, desde 1994 reside en España, compartindo o seu labor de concertista co ensino do piano.

A ORQUESTRA

Violines I

Mario Peris (concertino)
Cibrán Pérez
Desislava Vaskova
Laura Seoane
Irene Cebada
Iván Barchuk
Manuel A. Cebrián
Mª Victoria Jericó

Violines II
Ana Shi Yu
Andrea Rubio
Uxía G. Ferreiro
Nicolás Fraga
Sabela Hughes
Pablo Puga

Violas
Ana Martínez
Laura Puga
Alba de Diego
Karine Vardanian

Violonchelos
Isabel Figueroa
Silvia Ramos
Laura Juncal
Iryna Morozova

Contrabaixos
Antonio R. Cienfuegos
Ricardo Soto
Maria Silva