Tempada Outono 2021 – Música de cine

Programa IV
«Música de cine»
Homenaxe a Ana Novoa

Programa

Brais González: Música de cine, cinco suites temáticas

  • O cine mudo
  • A época dourada: catro décadas de cine
  • Maxia e Animación
  • Ciencia e Ficción
  • Greatest hits

Directora: Isabel Rubio

Data:  15 de decembro, ás 20:00 h
Lugar: Auditorio do Concello

Director xerente: Javier Escobar
Administración e xestión: María Alonso

 

RESERVA DE ENTRADAS

 reservas@vigo430.com 

NOTAS AO PROGRAMA

O concerto que pecha o Ciclo de Outono 2021 da Orquestra Vigo 430 é realmente especial na historia do proxecto da Orquestra Vigo 430. Trátase de un programa que foi adiado debido aos efectos derivados da pandemia no seu período máis virulento. Pero, sobre todo, foi un programa que foi fruto do traballo da persoa que homenaxeamos con él: Ana Novoa, quen foi Xerente do proxecto Vigo 430 casi desde a creación do mesmo ata fai so uns meses. A ela adicamoslle este concerto con todo o agarimo e recoñecemento á súa xenerosidade, entusiasmo e traballo desinteresado durante todos estes anos.

Entrando xa a falar da música que podremos escoitar en este concerto, o compositor vigués e gran especialista en música de cine Brais González, levarános a unha travesía de máis de seis décadas, ao longo dos principais expoñentes musicais e cinematográficos da Historia de Hollywood; un singular camiño no que poderemos comprobar de primeira man cómo a música composta para a imaxe foise desenvolvendo co paso dos anos e como a música de concerto foi unha constante fonte de inspiración para os creadores de Bandas Sonoras.

A través deste percorrido poderemos descubrir as sonoridades da Idade de Ouro do cinema americano e as contribucións que moitos autores europeos fixeron ás creacións cinematográficas americanas. Tamén cómo o cinema de animación dixital converteuse, non só nun xénero fílmico con voz propia, senón que desenvolveu unha linguaxe musical específica con características moi particulares. Por último, daranos tempo a sobrecollernos coas reminiscencias wagnerianas do cinema épico e de acción destas últimas dúas décadas que levan as forzas orquestrais ao límite.

BRAIS GONZÁLEZ 

O compositor e pianista vigués Brais González estudou na Universidade Mozarteum de Salzburgo e nos conservatorios de Vigo e Oviedo. Actuou como solista e músico de cámara nunha vintena de países europeos. Como compositor, as súas obras foron interpretadas en importantes escenarios do continente, como o Auditorio de Galicia, o Conde Duque (Madrid), o KUMU (Estonia), o Baltais Fligelis (Letonia) ou a Galeria Flux (Hungría). Os seus traballos discográficos en solitario afondan na súa exploración da linguaxe e composicións clásicas coas músicas improvisadas e de raíz. É fundador de Caspervek Trio, unha das bandas europeas de referencia na musicalización de cine mudo en directo. Na súa labor fóra do eido da música académica, participu como arranxista e productor do álbum do cantante folk Nelson Quinteiro “Músicas de Domingo”, na composición e producción da música incidental para obra teatral “Pyka” do Colectivo CinemaSticado e na composición e deseño musical da multi-premiada curtametraxe de Diego R. Aballe “Canibalismo”. En 2021 ven de publicar co selo IBS unha escolma de sonatas do barroco italiano xunto ao violinista Roberto Alonso.

Dende o ano 2014 codirixe e produce o podcast de musicoloxía e divulgación musical “Anónimo IV” xunto á investigadora Erea Carbajales. É cofundador do proxecto “Bórea”, unha iniciativa con base en Suiza que busca explorar as relacións entre a música de cámara e as novas tecnoloxías dixitais.

ISABEL RUBIO

Actualmente Directora Asociada da Orquestra Vigo 430 e a Joven Orquesta Sinfónica de Granada, Isabel Rubio foi Directora Asistente da Orquestra de Valencia na tempada 2018/19 e asistente de Lucas Macías na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) 2021. Tamén dirixiu a Orquesta Federal de la Comunidad Valenciana, a Joven Orquesta de Castelló, a Orquestra de Cámara Sine Tempore e as Bandas Municipais de Madrid, Bilbao, Alacante, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vitoria. Exerceu como Directora Titular das Bandas de San Pedro del Pinatar e Santomera en Murcia, e a Banda de Lalín en Pontevedra. Foi membro da Brussels Philarmonic  Orchestra, a  Chapelle  Musicale de  Tournai en Bélxica, e da Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia. Foi gañadora do I Concurso de Dirección de Orquestra en Alacante, do I Concurso Internacional de Dirección Ciudad de Villena así como gañadora dos I Encontros sobre Dirección Orquestral en Bilbao. Así mesmo, foi galardoada con Mención de Honra e co Primeiro Premio do VI e X Concurso de Música Entre Cordas e Metais en Cartaxena. No ámbito internacional, foi seleccionada en diversos concursos de dirección en Francia (Besançon), Portugal, Alemaña, Holanda e Italia, onde resultou semifinalista do XI Concurso Internacional Premio “Guido  Cantelli”. Dirixe en festivais de alto prestixio como o Festival Internacional da Semana de Música Relixiosa de Cuenca, os Encontros de Composición da Orquestra de Valencia, o Ourearte Music  Fest en Portugal, o Concurso Internacional de Violín  CullerArts e o Festival Internacional de Música de Cinema de Málaga. Entre os seus próximos compromisos destacan ser convidada á Orquestra Filarmónica de Gran Canaria, a Orquestra de Cambra Illa de Menorca, a Oviedo Filharmonía e á Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia.