Festas da Peregrina : Ópera María Soliña

Festas da Peregrina
Ópera María Soliña

Programa

Ópera María Soliña, un acto
Obra de Nacho Mañá

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Data:  10 de Agosto, ás 22:00
Lugar: Praza de España, Pontevedra

Entrada de balde ata esgotar aforo

 

as rencillas no cangas do século XVII

O día 10 de Agosto voltaremos a participar na representación da Ópera María Soliña. Despois do seu estreo o pasado Maio no Auditorio de Cangas con gran éxito, a orquestra acompañará esta vez a representación no marco das Festas da Peregrina 2021.

«María Soliña tiña setenta anos, unha idade inusual para 1621, catro anos despois da desfeita de Cangas polos corsarios berberiscos foi denunciada e procesada polo Tribunal da Inquisición de Santiago, torturada durante días, confesando, pero desmentindo as acusacións ao repoñerse dos suplicios. Ao final foi «reconciliada» mediante o escarnio do paseo público e confiscados todos os seus bens, que era o obxectivo que había detrás deste proceso, promovido polos poderes burgueses e eclesiásticos para recuperarse da desfeita económica do asalto turco.

María Soliña posuía certo status social ao estar casada con Pedro Barba, armador dun dos tres cercos de Cangas que, co seu décimo do mar, contribuíron á construción da colexiata. Esta historia inspirou a obra teatral homónima de Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas e dramaturgo.

Esta obra presenta unha ecléctica fusión do xénero operístico clásico coa música tradicional galega, abarcando un elenco de cantantes e solistas instrumentais de grandísima traxectoria profesional.»

Jorge Lamas, A voz de Galicia, 09 may 2021