Proxectos pedagóxicos

«A clave da lonxevidade é aprender cada aspecto da música que poidas»
Prince
Se ben para disfrutar da música non é necesaria instrucción alguna, na OV430 cremos que, como pasa en certos deportes como o béisbol, o golf ou o tenis, é necesario coñecer para valorar con máis profundidade as características propias da música clásica.
Por esta razón, fomentamos a creación de proxectos pedagóxicos que achegen ao público xeral as características da música clásica, achegando un mundo pouco conocido para alguns e ampliando a formación clásica dos xa entendidos.
A Orquestra Vigo 430 realiza de maneira regular dúas actividades dentro da súa labor pedagóxica
EscoitAntes
En colaboración coa Universidade de Vigo, a Orquestra realiza cursos gratuítos denominados EscoitAntes, cuxa función é achegar as tempadas programadas a través dunha escoita activa previa das obras que se interpretarán nos concertos.
O programa EscoitAntes atópase suspendido de forma temporal.
ClassEd
A partires de esta tempada, a OV430 realiza de maneira periódica concertos educativos para os estudiantes do Instituto de Ensinanza Secundaria República Oriental do Uruguai.