Novos concertos da Orquestra Xove Vigo 430

Temos o pracer de presentarvos os próximos concertos da Orquestra Xove Vigo 430, os días 5 e 6 de novembro, no auditorio Martín Códax e Hall principal do Auditorio Mar de Vigo respectivamente. Teremos a ocasión escoitar un espectacular programa formado polo soado «Bolero» de Ravel, o «Capricho español» de Rimsky-Korsakov e a Rapsodia de Martinu para viola e orquesta, coa pontevedresa Sandra Pérez como solista.
Si vós tamén creedes que un proxecto como este debe existir na nosa cidade e ter continuidade no tempo, a mellor forma na que podedes facer efectivo o voso apoio é comprando a entrada para algún dos dous concertos. Podedes facelo moi fácilmente como sempre en Ticketea, aquí deixámosvos os enlaces:

Ataquilla.com

Ataquilla.com

Scroll Up