Nova Tempada Primaveira 2021

Nova Tempada Primaveira 2021

A Orquestra Vigo 430 leva a cabo, 15 anos despois da súa creación, unha renovación dentro da procura de novas formas de achegarse ao público vigués a través de novas estratexias que nos permitan difundir o noso amor e paixón pola música e a cultura.

“REXURDIMENTO” é o lema escollido para esta nova tempada: a dualidade deste ano tan singular, no que a volta á primavera únese á recuperación das actuacións e o rexurdir do panorama cultural, dada a situación da pandemia, fai que a orquestra se achegue ás raíces que a impulsaron.

A programación engloba tres programas coas formacións iniciais da Vigo 430 ( Ensemble de Cámara, Orquestra Barroca e Orquestra Sinfónica), con repertorio próximo aos orixinais que se realizaron en cada formación, destaca nesta nova tempada, xunto a solistas de talla mundial como Lir Vaginsky e Lea Hennino (EV430) Marie Chilemme (OSV430) e Eugenia Boix (OB430), sen esquecernos de Isabel Rubio, Directora Asociada da nosa Orquestra desde o ano 2019 que se poñerá aos mandos do concerto sinfónico.

Amais, este ano proponse unha nova maneira de entender a música a través da interpretación en novos espazos de concerto, nunha procura de novas colaboracións que interactúen coa arquitectura e cultura propias da cidade. 

Museo MARCO

Auditorio do Concello