Coñece aos solistas – Lir Vaginsky

Coñece aos solistas

Lir Vaginsky

Lir Vaginsky naceu en Berlín en 2003 no seo dunha familia israelí de músicos e estivo inmersa na música desde a súa máis tenra infancia.

Con tan só 9 anos, baixo a tutela da súa primeira profesora, Lena Mazor, Lir apareceu como solista coa orquesta do Conservatorio de Givatayim

(Israel). Dende 2014, aceptou invitacións para aparecer como solista coa Camerata de Hamburgo en Laeiszhalle, a Orquestra de Cámara Unter den

Linden na Filarmónica de Berlín, os Solistas de Tel Aviv en Israel e a Underground Youth Orchestra da Universidade das Artes de Berlín. En 2019,

coa Camerata de Hamburgo, actuou por primeira vez na Elbphilharmonie, a nova e espectacular sala de concertos de Hamburgo.

Durante mais de tres anos, Lir foi membro dos Xoves Solistas de la LGT, cos que actuou por todo o mundo en salas de concertos como o Tonhalle de

Zúric e o Victoria Hall de Singapur, e en eventos como o Festival de Música de Rheingau, o Festival de Música de Merano e o Festival de Música de

Dresde.

Como solista dos Xoves Solistas da LGT, Lir foi a violinista mais nova en realizar gravacións co selo RCA Red Seal (Sony), producindo dúasCDs.

É gañadora do Concurso Internacional de Violín Ysaye, do Concurso Internacional de Violín “Xove Paganini” e do Gran Premio do Concurso

Internacional de Música Virtuosa. Ademais, recibiu o primero premio a nivel nacional do concurso “Jugend musiziert”, así como dous premios

especiais.

Lir estudou durante cinco anos como “Jungstudentin” co profesor Tomasz Tomaszewski, seguido pola profesora Latica Honda-Rosenberg, na

Universidade das Artes de Berlín. A partir de 2020, é “Jungstudentin” na Academia Kronberg co profesor Christian Tetzlaff. Tomou clases maxistrais

con Haim Taub e David Geringas.

Lir ten unha bolsa da Fundación Jürgen Ponto. Toca un Guadagnini GB de 1745 que lle foi prestado amablemente por un xeneroso patrocinador a

través da Beare’s International Violin Society. Grazas a la Fundación Kalliope, dispón dun arco Louis Pajeot de 1810. Ultimamente, foi honrada co

título de “artista GEWA”.

Membro de “Prelude Concerts”, cuyo ciclo de concertos homónimo inspirou, representa á sección de novos artistas da cooperativa de música de

cámara con sede en Berlín.

Lir formará parte do Ensemble Vigo 430 no concerto do 15 de Maio

Scroll Up