Coñece aos solistas – Eugenia Boix

Coñece aos solistas

Eugenia Boix

Natural de Monzón (Huesca), foi Premio Extraordinario Fin de Carrera no Conservatorio Superior de Música de Salamanca, cos profesores M.ª Ángeles Triana e Javier San Miguel. En 2007 gana o 1eiro Premio nas “Bolsas Montserrat Caballé – Bernabé Martí”. En xuño de 2012 é semifinalista no prestixioso concurso Operalia.

Cantou baixo a batuta de Federico M. Sardelli, Carlos Mena, Mónica Huggett, Albert Recasens, Luís A. González, Eduardo López Banzo, Alejandro Pousada, Aisslinn Nosky, Miquel Ortega, Lars Ulrik Mortensen, Gennadi Rojdestvenski, Jaime Martín, Paul Goodwin, Lionel Bringuier, Guillermo García Calvo, Víctor Pablo Pérez, Kazushi Ono ou Sir Neville Marriner.

Entre o seu repertorio operístico destacan roles como Pamina na frauta máxica, Belinda en Dido e Eneas, Morgana en Alcina, Susanna nas vodas de Fígaro, Norina en Don Pasquale, Adina en L´elisir d´amore, Amina na Sonámbula, Corinna en Il viaggio a Reims, etc. Interpretou numerosos recitais por Europa, América, Asia e un amplo programa concertístico que abarca desde A Paixón segundo San Juan de Bach ou o Réquiem de Mozart ata o Réquiem de Fauré ou Carmina e Catulli Carmina de Orff. Realizou gravacións para Radio Nacional de España, Radio Clásica, Radio Clásica Portuguesa, a BBC e Medici TV; tamén para os selos Alpha, Lauda, Winter & Winter, Cobra Records e Glossa.

Eugenia Boix participará como soprano da Orquestra Barroca Vigo 430 no concerto do 13 de Xuño