Coñece aos compositores – Franz Joseph Haydn

Coñece aos compositores

Franz Joseph Haydn

Haydn naceu nunha pequena poboación cerca de Viena en 1732; daquela non era simplemente a capital de Austria, senón de todo o Sacro Imperio Romano Xermánico, xa que o rei de Austria fora elixido emperador.

Se ben seus pais non tiñan ningunha formación musical (seu pai construía carruaxes e súa nais fora cociñeira), a música era unha presenza constante na súa casa, cun pai amigo de tocar o arpa (que aprendera de forma autodidacta) e cantar. Esa foi a súa primeira escola musical. Provisto el mesmo dunha sorprendente voz, xa de pequeno foi confiado a un parente próximo, director do coro de Hainburg, para que mellorase a súa formación; entón, os once quilómetros que salvaban unha vila doutra eran unha distancia considerable, e o pequeno Haydn nunca volvería a vivir con seus pais. Dun mestre pasou a outro, abraiado pola súa voz. Pero esa carreira rematou aos dezasete anos, cando esta mudou.

Lonxe de desanimarse, iso empurrouno a buscarse a vida como músico independente. Pero para iso necesitaba mellorar a súa formación. De xeito paralelo foi comenzando a compoñer as súas primeiras obras; cuartetos de corda e algunha ópera. O suficiente como para ir labrándose unha reputación como compositor, o que á súa vez lle facilitaría o mecenado de varios aristócratas. Iso restaba liberdade compositiva, pero aseguráballe o sustento. Así chegou ao cargo de mestre de capela (director musical) doutros aristócratas. Mentres, continuaba a compoñer, tanto para goce das familias para as que traballaba como para publicar as súas obras pola súa conta. Nesta época os músicos non eran artistas como os entendemos hoxe. Moitos traballaban a soldo de aristócratas ou burgueses moi ricos que os contrataban para que tocasen e compuxesen música para eles. Así, pouco a pouco, Haydn acabou traballando para unha das familias máis poderosas e influíntes de todo o Imperio austríaco: a familia Esterházy. Gustáballes tanto a música que puxeron baixo a dirección de Haydn unha orquestra; Haydn non só tiña que dirixila, senón compoñer toda a música necesaria para cada ocasión na que a familia o demandaba. Así pasou case 30 anos da súa vida. Ata que á fronte da familia chegou un home que non tiña maior interese pola música. Para Haydn supuxo a xubilación… E unha liberación. Era libre para viaxar ou para dirixir as súas obras con grandes orquestras, como cando viaxou a Londres, onde os seus concertos lle granxearon un gran recoñecemento, proporcionalmente ao cal íanse sumando ingresos.

Foron eses ingresos os que lle permitiron vivir con comodidade cando regresou a Viena, onde pasou os seus últimos anos de vida, compoñendo de forma intensiva. Só a enfermidade deu en mantelo apartado da súa música.

No concerto do 13 de Xuño interpretarase a Concerto para viola e orquestra deste compositor

Extracto das notas ao programa realizadas por Rosa del Río para o concerto do 13 de Xuño

Scroll Up