Coñece aos compositores – Franz Anton Hoffmeister

Coñece aos compositores

Franz Anton Hoffmeister

Ao contrario que moitos compositores, polo que sabemos da súa vida non chegou á música desde pequeno. Nacido nunha pequena poboación do Estado de Baden-Wurtemberg, no Sacro Imperio Romano Xermánico, con tan só 14 anos trasladouse a Viena coa pretensión de estudar Dereito, pero namorado da vida musical da capital do Imperio austríaco, se ben chegouse a graduar, abandonou o Dereito pola música, chegando a ser con menos de trinta anos un dos compositores máis recoñecidos da cidade. Hoxe, porén, apenas é recoñecido, e a súa obra máis relevante non é a puramente compositiva senón a que se relaciona coa edición musical.

Así, en 1785, fundou en Viena unha das primeiras empresas de edición musical e publicou as súas propias obras, pero sobre todo as de compositores hoxe non só ben coñecidos senón considerados piares da historia da música. A nomes como Mozart, Haydn ou Beethoven habería que engadir outros como Clementi, Allbrechtsberger ou Dittersdorf. Entre moitos deles e Hoffmeinster, ademais dunha relación profesional, existía unha amizade máis ou menos profunda.

A partir de 1790 adicouse por igual á composición, que gañaría terreo nesa última etapa da súa vida. Aínda así, continuou no negocio editorial, sempre vencellado á música, fundando unha segunda empresa na cidade de Leipzig. Só nos últimos anos da súa vida desfarase de ambas, a editorial musical vienesa e a de Leipzig, para xa exclusivamente adicarse á composición. Dentro da súa obra destacaron as óperas, das que chegaría a compoñer oito, estreadas sobre todo na década de 1790. Tamén destacou polo seu extenso repertorio para frauta, con canda menos vinte e cinco concertos para este instrumento, e por suposto compuxo tamén para outros instrumentos, proba do cal é a peza que a Vigo430 interpreta neste Ciclo de Primavera; tampouco lle foi allea a música para piano, e varias coleccións de cancións.

No concerto do 13 de Xuño interpretarase a Concerto para viola e orquestra deste compositor

Extracto das notas ao programa realizadas por Rosa del Río para o concerto do 13 de Xuño