Queres contribuír á promoción da música a través do proxecto Vigo 430? Gustaríache colaborar ao funcionamento da Orquestra e axudar á súa consolidación? Contribuír economicamente á financiación é permitir que a Vigo 430 poida seguir desenvolvendo o seu proxecto musical. Podes facelo a través dunha aportación económica anual. Ademais do recoñecemento público da túa aportación altruísta e filantrópica permitirás que a Orquestra continúe o seu labor. Ti marcas a cantidade mínima da túa doazón. Para nós todas as axudas son igual de importantes! Enche o seguinte formulario e síntete parte da Vigo 430!