A OV430 con Beethoven e Chopin

A OV430 presenta este próximo domingo, día 11, o seu segundo concerto correspondente ó Ciclo de Outono. Nesta ocasión, a formación sinfónica presentará a cuarta sinfonía de Beethoven -conmemorando o 250 aniversario do nacemento do compositor- e o concerto para piano de Chopin, que estará interpretado pola fantástica pianista ucraniana Anna Fedorova.

Nacida en Kiev no 1990, a pianista comezou a tocar con só cinco anos. Un ano máis tarde ofreceu o seu primeiro recital, e no 1997 chegou o seu debut internacional coa Filarmónica Nacional de Ucrania. Anna Fedorova actuou nalgunhas das salas de concertos máis prestixiosas de Europa, América do Norte e do Sur, e Asia. Conta tamén cun repertorio de concertos espectacular, pois actuou con orquestras de todo o mundo, incluidas a Philharmonia Orchestra e Royal Philharmonic (Londres), Hong Kong Philharmonic Orchestra, Dallas Symphony, Kyoto Symphony e Tokyo New City Orchestra (Japón), entre outras.  Tamén conta con numerosos premios internacionais. 

Este segundo concerto do Ciclo de Outono, con Beethoven e Chopin, estará ademáis baixo a batuta da flamante directora Isabel Rubio -que tamén dirixirá á formación o próximo mes de decembro-. Será, o de este domingo, o seu debut como directora asociada da Orquestra Sinfónica Vigo 430. 

O concerto terá lugar no Auditorio Afundación a partir das 19:00 horas.  Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, vémonos obligados a reducir o aforo dos concertos para así garantir a seguridade en todos eles. Pese a isto, as entradas teñen prezos realmente asequibles, que van dende os 6 ata os 13 euros. No caso de aqueles colectivos que gozan de reducción (Carné Xove, maiores de 65, desempregados, familias numerosas), as localidades van dende os 4 ata os 10 euros. Xa están dispoñibles, e podes mercar a túa premendo aquí:

Consulta aquí todo o programa do concerto.

Vémonos nos concertos!

Scroll Up