A Orquestra Sinfónica Vigo 430 presenta o seu Ciclo de Outono

Cada ano por estas datas a OV430 presenta a súa tempada de concertos. Nesta ocasión, coa intención de adaptarse o máximo posible á situación de incertidume provocada pola incidencia da Covid-19, a orquestra presentou o seu Ciclo de Outono. Co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Vigo, a tempada 2020-21 dividirase así en dous ciclos. Xa se coñece o primeiro deles, que vaise desenrolar durante os meses de setembro a decembro, e abarcará catro citas.

A OV430 vaise presentar neles con diversos formatos; así, esta primeira parte da tempada constará de dous concertos desenrrolados pola formación sinfónica, un que ofrecerá a orquestra barroca, y outro que correrá a cargo dos ensembles de cámara. Vanse recuperar tamén nesta programación alguns dos concertos adiados por mor do confinamento. Na mesma, terá especial protagonismo a figura de Beethoven, pois atopámonos na recta final do 250 aniversario do seu nacemento. 

Nas últimas semanas, a OV430 incorporou ademáis a dúas novas directoras asociadas, elas tamén serán protagonistas. Isabel Rubio dirixirá á formación sinfónica en dous concertos, e Lina Tur Bonet estará,  nun deles, ao frente da barroca. Tamén se poderá disfrutar nos próximos meses na cidade de solistas da talla do oboísta barroco Rodrigo Gutiérrez, a pianista Anna Fedorova, a violinista Lir Vaginsky, ou dos guitarristas flamencos Jesús Pimentel (Cuchús) e Jorge Castañeda, entre outros.

Os concertos terán lugar nos auditorios Martín Códax e Afundación. En todos eles vaise cumplir con tódalas medidas de seguridade no que a aforos e protocolos sanitarios establecidos refírese. Neste momento, o aforo debe verse reducido pero, pese a iso, as entradas terán precios sumamente asequibles, e os “Amigos da Orquesta Vigo 430” terán preferencia á hora de reservar as localidades. Está previsto ademáis que os concertos poidan visualizarse, en directo a través de streaming ou posteriormente en diferido, grazas a colaboración de Tolemias. 

Scroll Up