A Orquestra Xove 430 é unha iniciativa de caracter formativo da Orquestra Vigo 430, destinada a novos instrumentistas de idades comprendidas entre os 14 e os 21 anos, que cursan estudos de grado profesional ou primeiros anos do superior.

A finalidade desta orquestra é a de complementar e ampliar os estudos tanto instrumentais como orquestais que os alumnos realizan nos seus conservatorios e escolas de música, así como servir de canteira musical á Orquestra Vigo 430.

Os compoñentes da mesma traballan os diferentes programas baixo a dirección e supervisión de músicos integrantes e colaboradores da Orquestra Vigo 430. Os integrantes que amosan unha maior progresión son invitados aos programas da Orquestra Vigo 430, en calidade de reforzos.

A actividade da orquesta lévase a cabo en diferentes proxectos  que se desenvolven de xeito intensivo en períodos vacacionais ou non lectivos.

 

novas

PRESENTACIÓN

A Orquestra Xove Vigo 430 convoca probas para seleccionar instrumentistas nas especialidades de Óboe, Violín, Viola, Violoncello e Contrabaixo, destinadas a novos instrumentistas de idades comprendidas preferentemente entre os 14 e os 21 anos*, e que cursen estudos de grao profesional ou primeiros anos do superior.

A finalidade da OXV430 é a de complementar e ampliar os estudos e a experiencia tanto instrumental como orquestral que os alumnos realizan nos conservatorios e escolas de música. 

Os encontros da Orquestra Xove terán lugar en Vigo ou arredores, e desenvolveranse sempre en períodos non lectivos. En eles, os membros da orquestra traballarán os programas baixo a dirección e supervisión de membros da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e outros músicos invitados de recoñecido prestixio, procedentes de orquestras e conservatorios nacionais e estranxeiros. 

Os integrantes da Xove Orquestra que amosen unha maior progresión poderán ser invitados aos programas da Orquestra Vigo 430, en calidade de reforzos.

As probas terán lugar entre o 18 e o 19 de decembro de 2015, os horarios e lugar da proba serán publicados o 12 de decembro. Nelas interpretarase unha obra de libre elección (no fai falta presentarse con pianista) e dúas pasaxes orquestrais, que poderedes descargar na nosa páxina web. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario online seguindo todas as instruccións que figuran nel, antes do 11 de decembro de 2015.

Os músicos seleccionados serán invitados a participar nas actividades programadas para a tempada 2016 da Orquestra Xove Vigo 430.

*As idades son orientábeis, poderán presentarse alumnos de menos de 14 ou maiores de 21 se o nivel se considerase axeitado por parte do seu profesor.

Aqui podes descargar as pasaxes orquestrais: