A Orquestra Barroca Vigo 430, realizóu o seu concerto de presentación o 30 de xuño de 2014.

A razón de ser de esta nova sección da Orquestra Vigo 430 radica no ánimo de especialización de moitos dos seus integrantes que, tendo coñecementos e experiencia previa no mundo da música antiga e a interpretación con instrumentos orixináis e as técnicas propias dos séculos XVII e XVIII, forman o xermen de esta nova agrupación. A orquestra Vigo 430 volve de esta forma aos seus orixes, despois de nacer de unha  pequena orquestra de corda de tamaño similar a esta e evolucionar hacia a esplendorosa Orquestra Sinfónica de hoxe... pero quere facelo de unha forma que nos permita chegar máis alá, e iso, tratándose da música barroca pensamos que soamente pódese voltar a vida utilizando os mesmos medios con que esa música foi composta e cos que os músicos da época a interpretaron orixinalmente. E para elo nada mellor que facelo baixo a dirección musical de dous músicos excepcionáis e grandes especialistas en esta música, como son Alfonso Sebastián (Director e Contínuo) e José Manuel Navarro (Concertino)

Na vindeira temporada ten previsto continuar a súa actividade con un programa que estará integrado na temporada de abono da Orquestra Vigo 430.