Bases das probas de admisión

A Orquestra Xove Vigo 430 convoca probas para seleccionar a novos instrumentistas de idades comprendidas preferentemente entre os 14 e os 23 anos* das seguintes especialidades:

  • Frauta / Frautín (opcional)
  • Óboe / Corno inglés (opcional)
  • Clarinete / Clarinete baixo / Requinto (opcionais)
  • Fagot
  • Trompa
  • Trompeta
  • Trombón tenor
  • Trombón baixo
  • Tuba
  • Percusión
  • Violín
  • Viola
  • Violoncello
  • Contrabaixo

A finalidade da OXV430 é a de complementar e ampliar os estudos e a experiencia tanto instrumental como orquestral que os alumnos/as realizan nos conservatorios e escolas de música.

Os encontros da Orquestra Xove terán lugar en Vigo ou arredores, e desenvolveranse sempre en períodos non lectivos. Neles, os membros da orquestra traballarán os programas baixo a dirección de Roberto Baltar, director musical da agrupación, e supervisión de membros da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e outros músicos/as invitados de recoñecido prestixio, procedentes de orquestras e conservatorios nacionais e estranxeiros.

Os integrantes da Xove Orquestra que amosen unha maior progresión poderán ser invitados aos programas da Orquestra Sinfónica Vigo 430, en calidade de reforzos.

 

As probas terán lugar o 2 e 3 de xuño de 2018. Os horarios e lugar da proba serán publicados o 25 de maio. Nelas interpretarase unha obra de libre elección (non é necesario presentarse con pianista acompañante) e tres pasaxes orquestrais, que se detaian a continuación, extraídos do libro Orchester Probespiel. No caso de querer presentarse con segundo instrumento (frautín, corno inglés, clarinete baixo ou requinto), o cal valorarase de forma positiva, interpretarase a súa pasaxe orquestral correspondente.

Para formalizar a inscrición deberase cubrir o seguinte formulario online, antes do 23 de maio de 2018.

Os músicos/as seleccionados/as serán invitados/as a participar nas actividades programadas para a tempada 2018 da Orquestra Xove Vigo 430, as cales son:

Encontro I (Agosto 2018)

  • H. Berlioz: “Marcha húngara” de A condenación de Fausto
  • C. Debussy: Preludio á sesta dun fauno
  • C. Saint-Saëns: Concierto para violoncello Nº1 Op.33
    Solista: Ignacio García – Gañador do Concurso Soncello
  • A. Copland: Salón Mexico
  • A. Márquez: Danzón Nº2

 

Encontro II (Entroido 2019)

  • C. M. von Weber: Concerto para clarinete Nº1 en Fa menor Op.73
    Solista: Andrea Álvarez – Clarinete solista da OSV430
  • F. Schubert: Sinfonía Nº8 en si menor D.759 “Incompleta”

Pasaxes orquestrais:

  • Frauta
    • L. van Beethoven: Sinfonía Nº3 “Heroica”
    • J. Brahms: Sinfonía Nº4
    • C. Debussy: Preludio á sesta dun fauno
  • Frautín (opcional)
    • M. Ravel: Concerto para piano e orquestra en Sol Maior
  • Óboe
    • L. van Beethoven: Sinfonía Nº3 “Heroica” (II mov. ata c.47)
    • F. Schubert: Sinfonía Nº8 “Incompleta”
    • I. Stravinsky: Pulcinella (II. Serenata e I Variazione do VI. Gavotta)
  • Corno inglés (opcional)
    • A. Dvorak: Sinfonía Nº9 “Novo Mundo”
  • Clarinete
    • L. van Beethoven: Sinfonía Nº6
    • F. Schubert: Sinfonía Nº8 “Incompleta”
    • Z. Kodály: Danzas de Galanta
  • Clarinete baixo (opcional)
    • R. Strauss: Don Quixote
  • Requinto (opcional)
    • I. Stravinsky: Consagración da primavera
  • Fagot
    • L. van Beethoven: Concerto para violín
    • M. Ravel: Bolero
    • P. I. Tchaikovsky: Sinfonía Nº5 (I mov. cc.41-49 e cc.319-332)
  • Trompa
    • L. van Beethoven: Sinfonía Nº3 (I, III e IV mov. Todas as partes)
    • D. Schostakovich: Sinfonía Nº9 (III mov.)
    • P. I. Tchaikovsky: Sinfonía Nº5 (II mov.)
  • Trompeta
    • G. Bizet: Carmen (Vorspiel)
    • G. Mahler: Sinfonía Nº5 (I mov. cc.1-23 e cc.278-293)
    • I. Stravinsky: Petroushka (cc.135-144)
  • Trombón tenor
    • H. Berlioz: “Marcha húngara” de A condenación de Fausto
    • W. A. Mozart: Requiem (Tuba mirum)
    • R. Wagner: Walkiria
  • Trombón baixo
    • H. Berlioz: “Marcha húngara” de A condenación de Fausto
    • R. Schumann: Sinfonía Nº3
    • R. Wagner: Walkiria
  • Tuba
    • H. Berlioz: “Marcha húngara” de A condenación de Fausto
    • P. I. Tchaikovsky: Sinfonía Nº4
    • R. Wagner: Os maestros cantores de Nüremberg (solo)
  • Percusión:
    • Timbais
      • L. van Beethoven: Sinfonía Nº5 (III mov. e IV mov. Cc.234-cc.22)
      • P. Hindemith: Metamorfoses Sinfónicas (II mov.)
    • Caixa
      • M. Ravel: Alborada do gracioso
      • M. Ravel: Bolero
    • Xilófono:
      • I. Stravinsky: O paxaro de lume (1º Tableau e Danse de la suite de Katschei)
    • Pratos:
      • P. I. Tchaikovsky: Romeo e Julieta
  • Violín
    • F. Mendelssohn: Soño dunha noite de verán (Scherzo cc.70-99)
    • W. A. Mozart: Sinfonía Nº41 “Xúpiter” (Iº Violín cc.1-35)
    • W. A. Mozart: A frauta máxica (2. Acto, Nº13 cc.1-25)
  • Viola
    • L. van Beethoven: Sinfonía Nº5 (II mov.)
    • A. Bruckner: Sinfonía Nº4 “Romántica” (II mov. cc.51-66)
    • F. Mendelssohn: Soño dunha noite de verán (Scherzo)
  • Violoncello
    • van Beethoven: Sinfonía Nº5 (II mov.)
    • A. Mozart: As vodas de Fígaro
    • I. Tchaikovsky: Sinfonía Nº6 “Patética” (II mov.)
  • Contrabaixo
    • L. van Beethoven: Sinfonía Nº9
    • J. Brahms: Sinfonía Nº2
    • W. A. Mozart: Sinfonía Nº40 (I mov. cc.114-198)

 

Listado de admitidos e excluidos

Listado definitivo de admitidos

*As idades son orientábeis, poderán presentarse alumnos de menos de 14 ou maiores de 23 se o nivel se considerase axeitado por parte do seu profesor.