noite_branca-1
NOITE BRANCA. XARDÍN HISTÓRICO DO PAZO MUSEO “QUIÑONES DE LEÓN”.Parque de Castrelos Vigo
11 agosto, 2018
8:00 pm
Vigo

VISITAS GUIADAS AO XARDÍN HISTÓRICO DO PAZO-MUSEO.
11 de agosto de 2018.
20:00 h.- Horario de inicio das visitas guiadas ao Xardín Histórico. Punto de encontro: na porta do Pazo-Museo.
Gratuitas. Duración estimada: 45 min.
Grupos: máximo de 25 persoas. Tres grupos á vez. Sen reserva previa.

CONCERTO NO XARDÍN HISTÓRICO (Solaina de Concepción Arenal)
21:00 H – ORQUESTRA VIGO 430.
Directora/concertino: Claudia Sansón.
Solistas: Patricia Cordero (violín), Nerea Arriola (violín) e Luís Freitas (violonchelo).
Duración estimada: 50 min.
Programa – Primeira parte: VivaLdi, “Concerto para violonchelo en la menor RV21”. Segunda parte: VivaLdi, “As catro estacións”.
A orquestra -O proxecto Vigo 430 nace u de forma completamente independente en 2005, co obxectivo e a ilusión posta na creación dun grupo musical de calidade, constituído fundamentalmente pola gran xeración de músicos novos xurdida nos últimos tempos nos conservatorios de Galicia. A ampla programación que presenta na actualidade ten como obxectivo ofrecer á cidadanía un contido cultural da mellor calidade.
Para esta Noite Bronca, a Orquestra Vigo 430 preparou, en colaboración coa Asociación Galega de Instrumentos de Corda, un programa de concerto moi atractivo, coas “Catro estacións” de Vivaldi e un concerto para violonchelo do mesmo autor. Os solistas foron premiados en diferentes categorías na máis recente edición do concurso “Cidade de Vigo” de violín, viola e violonchelo organizado po/la AGIC en colaboración co Concello de Vigo.