O proxecto Vigo 430 nace de xeito independente no ano 2005, co obxectivo e a ilusión posta na creación de unha agrupación musical de calidade, que na súa maior parte estivera formada pola gran xeración de músicos novos saídos dos conservatorios da comunidade galega. Nos seus comezos o traballo centróuse na creación de un nucleo de orquestra de corda, que a partir do 2010, e xa co decisivo respaldo do Concello de Vigo, sería o xermen da Orquestra Sinfónica.

O PROXECTO

A ampla programación que ofrece na actualidade, ten como obxectivo ofrecer á cidadanía un contido cultural da mellor calidade, que nas últimas tempadas diversificouse en varias liñas especializadas:

– OSV430: orquestra sinfónica, eixe principal do proxecto.
– OBV430: orquestra barroca, especializada na música anterior a mediados do século XVIII e interpretada con criterios históricamente informados.
– OXV430: orquestra xove, concibida como canteira de músicos novos, co obxectivo de complementar e ampliar a sua formación orquestral.
– EV430: ensembles de música de cámara.

A Orquestra Vigo 430 recibiu o premio Martín Códax da música no ano 2014. Ten unha activa canle de YouTube no que se difunden periodicamente os seus concertos. Colabora habitualmente con grandes solistas de talla internacional, realizando ademais diversas gravacións discográficas, e apoia activamente a nova creación musical, levando a cabo de xeito habitual estreas de novas obras ou incluindo no seu repertorio a compositores galegos contemporáneos. Colabora asiduamente na temporada operística da cidade, levada a cabo por “Amigos de la Ópera de Vigo”. Desde o ano 2016 é orquestra residente no Auditorio – pazo de congresos “Mar de Vigo”.

DEZ ANOS DE MÚSICA

A Vigo 430 comeza a funcionar no ano 2005, coa premisa de crear un núcleo de corda de calidade  na cidade de Vigo para, xa a partir do 2009, abordar progresivamente repertorio sinfónico. Nos seus inicios foi coñecida como Ensemble Vigo 430 debido ao seu interese en potenciar precisamente ese núcleo de corda e no que a presenza das seccións de vento era mínima e os programas a abordar moi centrados na música para orquestra de cámara do clasicismo e o barroco pero con incursións tamén na música contemporánea. A partir do 2009 comezan a incluírse repertorios para orquestra completa, centrándose neste tipo de composicións as súas programacións dende ese momento e pasando a configurarse un núcleo de ventos tamén estable. Cámbiase neste momento o nome a Orquestra Vigo 430 ao entenderse que responde mellor ao espírito e realizade da nova formación. No 2011 comezan a organizarse os seus primeiros ciclos estables de música compostos por programacións de catro concertos coa intención de configurar unha temporada musical. No 2012 créanse as primeiras seccións para atender as necesidades do Proxecto: así en setembro dará o primeiro concerto a Orquestra Xove, unha orquestra dirixida a mozas e mozos e que pretende servir de canteira musical e formativa para aqueles músicos que aspiren a formar parte da agrupación principal. Deste xeito comeza a denominarse a agrupación principal como Orquestra Sinfónica, diferenciándose así da Orquestra Xove. No ano 2014, créase ademais a sección especializada en música antiga, a Orquestra Barroca. Deste xeito queda configurado así o actual Proxecto Vigo 430, unha orquestra conformada por tres grandes formacións: A Orquestra Sinfónica Vigo 430, unha orquestra que aborda música para grandes formacións e integrada por entre 35 e 60 músicos programando música dende o clasicismo ás composicións contemporáneas e coetáneas; A Orquestra Xove Vigo 430, configurada como un proxecto de carácter didáctico no que formar aos máis novos na práctica orquestral admite a mozos e mozas de entre 14 a 23 anos; por último a Orquestra Barroca Vigo 430 é a formación especializada en música antiga, única en Galicia e centrada principalmente no período barroco, integrándoa instrumentistas especializados neste estilo. Froito de todo este traballo de máis de dez anos é o recoñecemento recibido no 2014 ao ser galardoado o proxecto 430 cos Premios Martín Códax na categoría de Música Clásica e contemporánea. A partir do 2015 comeza a súa andadura como orquestra residente do Auditorio Mar de Vigo.

430 HZ

UN ESTÁNDAR DE AFINACIÓN E
UNHA FILOSOFÍA DE TRABALLO

A creación de estándares de afinación foi unha das principais razóns que permitiron a evolución da música orquestral, que músicos de diferentes países e cidades puidesen tocar xuntos en calquera parte unha mesma partitura e dun mesmo xeito. Foron moitos os diferentes estándares de afinación musical ao longo da historia, e incluso hoxe en día, a pesar de estar fixado pola Organización Internacional da Estandarización o la e 440 hz son moitas as orquestras que afinan en 443. Temos que ter en conta que esta estandarización non se produce ata o 1955 pero que dende a instauración da música tonal foron múltiples os intentos de regularización e varios os que acadaron un oco na historia da música. A afinación a 430 Hz foi quizás a primeira baseada en estudios científicos e é coñecida como a afinación filosófica ou científica, por basearse na conveniencia matemática da mesma. Pero esta corrente, a pesar do seu corpus teórico, nunca obtivo o recoñecemento oficial que na época (S.XIX) si acadou o 435 e que se estableceu como ton internacional na conferencia sobre o ton de Viena de 1887. A pesar diso o 430 foi un dos estándares más populares durante o período clásico. O proxecto Vigo 430 toma o nome desta afinación filosófica non polo seu interese en utilizala como estándar se non polos seus valores: o rigor, o carácter científico, o valor da argumentación e a importancia da pervivencia de propostas diferentes e da existencia de alternativas.

COÑECE AS

SECCIÓNS

LOGO-SECCIONES-27

A sección sinfónica é o eixe principal do proxecto. Forma parte da súa filosofía o feito de que o corpus principal da orquestra estea formado por músicos procedentes da excelente canteira existente en Galicia, o cal dótao dunha xenuína identidade e dálle máis lexitimidade si cabe para servir como unha fiestra máis da cultura galega cara ao mundo. Como non podía ser doutro xeito no moderno modelo de sociedade multicultural cara ao que nos encamiñamos, a achega dos músicos foráneos fai que a formación enriquézase máis aínda coa experiencia aportada desde outras culturas musicais. O seu director é Vicent Alberola, que desde que asumíu a titularidade no ano 2015 fixo que a orquestra experimentase un significativo salto de calidade.

LOGO-SECCIONES-28

Orquestra xove, concibida como canteira de músicos novos, co obxectivo de complementar e ampliar a formación orquestral que xa realizan en conservatorios e escolas de música. Está orientada a instrumentistas de idades comprendidas entre os 14 e os 21 anos, que cursen estudos de grao profesional ou primeiros anos do superior.
Os membros de esta sección traballan os diferentes programas baixo a dirección e supervisión de músicos e colaboradores habituais da Orquestra Sinfónica Vigo 430. Os integrantes da orquestra xove que amosan unha maior progresión son invitados a participar, en calidade de reforzos, coa OSV430. Os encontros da OXV430 teñen lugar de xeito habitual en Vigo, e a actividade desenvólvese en períodos non lectivos. O seu director musical é Roberto Baltar.

LOGO-SECCIONES-29

É a sección especializada na interpretación da música anterior a mediados do século XVIII. A súa creación foi debida á necesidade de abordar este repertorio do xeito mais adecuado, e a presenza na plantilla orquestal de un número significativo de músicos especializados ou familiarizados coa interpretación con instrumentos históricos e criterios históricamente informados. O seu director titular é Alfonso Sebastián, un dos grandes especialistas en este tipo de interpretación no país, asistido na laboura de concertino por outro gran especialista como é José Manuel Navarro.

LOGO-SECCIONES-30

O lema da Orquestra Vigo 430 “Paixón pola música” non é gratuito, e por elo os membros da orquesta sinfónica compoñen diferentes agrupacións para desfrutar e compartir co público o marabilloso repertorio de música cámara. Ao longo da tempada son varios os programas adicados a esta especialidade, que permite a todo aquel que se achegue a estos concertos escoitar formacións instrumentais e tímbricas moi diversas, ademais de acceder a un repertorio que raramente ten cabida noutras programacións.

lazo-verde-31

EQUIPO

ft-orquestra-dir-32

DIRECTOR MUSICAL OSV430

VICENT
ALBEROLA

BIO

Director titular da Orquesta Sinfónica Gurska de Madrid e director invitado da Ópera de Perm, Rusia.
Paralelamente é tamén primeiro clarinete da Mahler Chamber Orchestra e de “Les Dissonances” de Paris.
Levou a cabo os seus estudos con Walter Boeykens no Conservatorio Real de Amberes, Bélgica, e ao mesmo tempo con George Pieterson (Royal Concertgebouw Orchestra) e Larry Combs (Chicago Symphony Orchestra).
Foi durante máis de 20 anos primeiro clarinete da Ópera de Madrid e da Sinfónica de Galicia. Durante a última década foi primeiro clarinete invitado coa Royal Concertgebow Orchestra, New York Philarmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Orchestre, “Les Dissonances” e a MMCK Tokyo Orchestra, agrupaciones coas que tivo a oportunidade de interpretar o gran repertorio sinfónico baixo a batuta de mestres como Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Muti, Daniele Gatti, Daniel Harding, Andris Nelsons, Gustavo Dudamel, Alan Gilbert e Nicola Luisotti, entre outros.
A súa vocación como director descubríuna no ano 1996, coa Orquesta Joven Sinfónica de Galicia, agrupación da que fora 8 anos director artístico. En 2003 foi nomeado director da Nova Orquesta da Ópera de Madrid e en 2007 director da Nova Orquesta de Soria.
Vicent Alberola dirixiu no Teatro Real de Madrid coa Sinfónica de Madrid as óperas “Rita” de G.Donizetti, “A Boheme” de G.Puccini, “Don Giovanni “de W.A.Mozart, “Persephone” de I.Stravinsky, “O Gato con Botas” de X.Montsalvatge, “Iolanta” de P.I.Tchaikovsky, “Macbeth” de G.Verdi e máis recientemente “L’Elissir d’Amore” de G.Donizetti. Ao mesmo tempo dirixiu varios programas Sinfónicos coa Sinfónica de Madrid no Auditorio Nacional de Madrid, coa Orquesta “Excelentia Santa Cecilia”, a orquesta da ópera de Perm, a Joven Orquesta Nacional de España, a Sinfónica de Valladolid, a MMCK de Tokyo e a agrupación “Musica Aeterna” de Perm, Rusia.
Desde a tempada 2015-16 é director titular da Orquestra Sinfónica Vigo 430.
ft-orquestra-dir-33

DIRECTOR MUSICAL OBV430

ALFONSO
SEBASTIÁN

BIO

Nacido en Zaragoza en 1974, realizou os seus estudos de piano (Mª Pilar Armijo) e clavicémbalo (José Luís González Uriol) no Conservatorio Superior de Música desa cidade. Prosegue a súa formación no Conservatoire National Supérieur de Paris, onde se especializa en fortepìano e clavicordio con Patrick Cohen e iniciase na dirección de orquestra con Scott Sandmeier e Claire Levacher.
Seguiu cursos de perfeccionamiento con Jan Willem Jansen, Gustav Leonhardt, Lars Ulrik Mortensen, Jacques Ogg e Paul Badura-Skoda, entre outros.
É membro do grupo vocal e instrumental “Os Músicos do seu Alteza”, que, dirixido por Luís Antonio González Marín, adícase principalmente a recupéración e difusión do repertorio histórico español. Tamén colaborou coa orquesta barroca “Al Ayre Español”, dirixida por Eduardo López Banzo e o ensemble “La Tempestad”, dirixido por Silvia Márquez.
Foi laureado na modalidade de clave e órgano do Concurso Permanente de Novos Intérpretes 96-97 que organiza “Juventudes Musicales” de España. Como solista ou en diversas formacións, actuou en festivais e salas (Ambronnay, Fribourg, Vieux-Lyon, Konzerthaus de Berlín, Palais deas Beaux-Arts de Bruxelas, Palacio Euskalduna, Daroca, Aranjuez, Música-Musika de Bilbao, Granada).
Realizou unha grabación patrocinada para o INAEM na que interpreta repertorio histórico español. Tamén gravou un CD para o selo Verso con música de Juan de Aragüés como membro da Academia de Música Antiga da Universidade de Salamanca, e outro con música para dous claves de Luigi Boccherini en colaboración coa clavecinista Silvia Márquez, con quen forma dúo estable. Ademais, cos Músicos do seu Alteza, gravou o “Miserere” de José de Nebra (para o selo discográfico do Festival de Aranjuez), e “La divina Filotea” (auto sacramental de Calderón con música de Nebra), así como un disco con Villancicos de Joseph Ruiz Samaniego e a ópera Amor aumenta o valor de Nebra, ambos para o selo francés Alpha.
Actualmente é profesor titular de clave no Conservatorio Profesional de Música de Salamanca. Dende o ano 2014 é o director titular da Orquestra Barroca Vigo 430.
ft-orquestra-dir_Mesa de trabajo 40

DIRECTOR MUSICAL OXV430

ROBERTO
BALTAR

BIO

Nacido en Vigo en 1983, comeza os seus estudos musicais á idade de 8 anos no conservatorio da súa cidade natal, ampliándoos na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e na Escola Superior de Música de Cataluña. Posteriormente trasládase a Alemania, onde cursa estudos na Hochschule für Musik und Theater Hannover baixo tutéla de Klaus Becker, obtendo a diplomatura coas máximas cualificacións. Recibiu consellos de Maurice Bourgue, Jerome Guichard, Christina Dominik, Ingo Goritzky, Casey Hill, Hans Elhorst, Eduardo Martínez, Emmabuel Abbühl e Salvador Mir. Pertenceu a “Orquesta Joven” da Sinfónica de Galicia, Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), Schleswig-Holstein Musik Festival Orchestra e European Union Youth Orchestra (EUYO). Colabora habitualmente con orquestas nacionais e internacionais, entre as que destacan a Deutsches Symphonie-Orchester Berlin, City of Birmingham Symphony Orchestra, Deutsche Kammerphilharmonie Bremen, Orquesta e Ensemble de Cadaqués, Spira Mirabilis (Italia), Orquesta do Teatre LLiure (Barcelona), Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Castilla e León.. traballando con directores como Bernad Haitink, Sir Neville Marriner, Trevor Pinock, Andris Nelsons, Sir John Eliot Gardiner, Gunter Schuller, V. Ashkenazy, G. Rozhdestvensky.. Como solista cabo destacar os concertos de B. Martinu e de W.A. Mozart coa Real Filharmonia de Galicia, este último no festival Musika-Musica de Bilbao baixo a dirección do seu director titular. Recientemente debutou no festival de música de cámara Sen Batuta (Ourense) acompañado polo prestixioso cuarteto Danish String Quartet. Ha impartido cursos en diversos conservatorios e orquestas xoves como a Joven Orquesta Sinfónica de Soria e a “Orquesta Joven” da Sinfónica de Galicia. Na actualidade é oboe solista na OSV430 e director titular da Orquestra Xove Vigo 430.
lazo-BLANCO-35

DIRECTOR ARTÍSTICO

JAVIER
ESCOBAR

COORDINADORA ARTÍSTICA

JULIA
ESTÉVEZ

XERENCIA E ADMINISTRACIÓN

ANA
NOVOA

COMUNICACIÓN E COORDINACIÓN

MANUEL A.
CEBRIÁN

ASESOR ARTÍSTICO

MARIO
PERIS

contacto
info@vigo430.com

COORDINACIÓN OBV430

ISABEL
FIGUEROA

contacto
info@vigo430.com

PRODUCCIÓN

CARLOTA
RÍOS

contacto
info@vigo430.com

AUX. ADMÓN E PRODUCCIÓN

IRIA
MOSQUERA